Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto, por ampliación da relación de bens e dereitos afectados, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1).

Expediente: IN407A 2007/396-1.

Promotora: EDP Renovables España, S.L.U.

Instalación: LAT 66 kV subestación Vimianzo-subestación parque eólico de Muxía, de evacuación dos parques eólicos Muxía I e Muxía II.

Concellos: Vimianzo e Muxía.

Feitos:

1. O 22 de agosto de 2007 a promotora solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas: liña de alta tensión en dobre circuíto (D/C) a 66 kV, cunha lonxitude total de 17.477 metros, composta por:

– Treito soterrado, de 340 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1 36/66 kV 3 (1×630 mm2), coa orixe na subestación de Vimianzo, propiedade de Unión Fenosa Distribución, S.A., e remate no apoio nº 1 PA/S, que discorre polo concello de Vimianzo.

– Treito aéreo, de 17.137 metros de lonxitude, en apoios de celosía, en condutor tipo LARL 380 (GULL) e cable de terra OPGW2.48FO, con orixe no apoio nº 1 PA/S anterior e remate na futura subestación dos parques eólicos Muxía I (expediente IN661A 2004/2-1) e Muxía II (expediente IN661A 2007/9-1), que discorre polos concellos de Vimianzo e Muxía.

3. Por Resolución do 28 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, autorizouse administrativamente, e aprobouse o proxecto de execución e declarouse de utilidade pública, en concreto, a instalación eléctrica obxecto do expediente.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou con data do 13 de abril de 2012 a declaración de impacto ambiental.

4. O 13 de setembro de 2016, EDP Renovables, S.L.U., solicita ampliación da relación de bens e dereitos afectados.

5. A solicitude someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 29 de setembro de 2016.

– DOG: 22 de novembro de 2016.

– BOP: 14 de outubro de 2016.

– Xornal La Voz de Galicia: 31 de outubro de 2016.

– Taboleiro de anuncios dos concellos de Vimianzo e Muxía: segundo certificados municipais do 15 de decembro de 2016 e 15 de novembro de 2016 respectivamente.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

6. Durante o período no que se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións:

1º. María C. López Leyro, mediante escritos recibidos o 18 de novembro e 28 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións e se denegue a declaración de utilidade pública. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• O trámite de exposición pública foi insuficiente, deficiente e non chegou de maneira efectiva ás persoas afectadas polo proxecto.

• Cumpriría que os terreos fosen marcados antes da súa ocupación para poder facer medicións por parte dos afectados.

• Os planos que se achegaron na notificación individual non foron o suficientemente claros.

• O terreo afectado pola LAT non é agrario sendo de natureza forestal.

• Tendo en conta as perdas que se van producir pola tala das especies afectadas, cómpre recibir información sobre o calendario das ditas talas canto antes.

• A área afectada pola LAT proxectada debería ser inequivocamente sinalizada para que as medicións poidan ser contrastadas independentemente.

2º. Esther Sar Blanco, mediante escrito recibido o 2 de decembro de 2016, solicita que a empresa promotora proceda a subscribir un contrato de imposición de servidume de paso da LAT proxectada, alegando en síntese o seguinte:

• Os predios 286, 287 e 403, do polígono 19 do concello de Muxía, conforme a acta de protocolización de operacións particionais 1355 do 18 de outubro de 2011, son da súa propiedade quedando resoltas as cuestións relativas á dita titularidade.

• Non se tivo ningunha comunicación da empresa promotora para asinar os contratos de servidume ofertados aos demais propietarios.

3º. María Herminia Sar Rodríguez, mediante escritos recibidos o 7 de novembro de 2016 e 10 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• O predio 158 (parcela 401 do polígono 19 do catastro) é da propiedade da alegante.

• Vanse ver afectadas unha serie de inmobles da propiedade da alegante dos que se achega documentación.

• Ponse en dúbida a utilidade pública dos parques eólicos.

4º. Manuel Soneira del Río, mediante escrito recibido o 10 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• Vanse ver afectadas unha serie de parcelas da súa propiedade.

5º. Manuel Pereira Sánchez, mediante escrito recibido o 10 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• Vanse ver afectadas unha serie de parcelas da súa propiedade.

6º. Ángeles Colomer Polo, mediante escrito recibido o 10 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• Vanse ver afectadas unha serie de parcelas da súa propiedade.

7º. Purificación Domínguez Blanco, mediante escrito recibido o 9 de novembro de 2016, solicita que se desestime a solicitude de declaración de utilidade pública solicitada por EDP e se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• Non existe unha verdadeira utilidade pública do proxecto nin a necesidade de urxente ocupación.

• EDP subrogárase nun acordo para a compensación da servidume de paso no predio 66/1 (parcela 220, polígono 14 do catastro de Muxía). Logo de que a prórroga dese contrato expirara, EDP non a renovou.

8º. Alejandro Martínez Quintáns, mediante escrito recibido o 9 de novembro de 2016, solicita que se desestime a solicitude de declaración de utilidade pública solicitada por EDP e se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• Non existe unha verdadeira utilidade pública do proxecto nin a necesidade de urxente ocupación.

• EDP subrogárase nun acordo para a compensación da servidume de paso no predio 73 (parcela 18, polígono 15 do catastro de Muxía). Logo de que a prórroga dese contrato expirara, EDP non a renovou.

9º. María Rosario Trillo Martínez, mediante escrito recibido o 15 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• Vanse ver afectadas unha serie de parcelas da súa propiedade.

10º. Manuel Antonio Pérez Blanco, mediante escrito recibido o 11 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• Vanse ver afectadas unha serie de parcelas da súa propiedade.

11º. Carmen Alvarellos Gándara, mediante escrito recibido o 11 de novembro de 2016, solicita que se exclúa do procedemento a parcela referenciada e se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• O predio denominado Prado da Braña (póli. 511 e parcela 1157) ten un contrato prorrogado con EDP ata o ano 2013 sobre o cal a alegante di ser usufrutuaria, manifestando que en ningún momento solicitou a rescisión do dito contrato.

12º. Clementina Domínguez López, mediante escrito recibido o 8 de novembro de 2016, solicita que se exclúa do procedemento a parcela referenciada e se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• O predio denominado Prado da Braña (póli. 14 e parcela 257) ten un contrato prorrogado con EDP ata o ano 2016 sobre o cal a alegante di ser usufrutuaria, manifestando que en ningún momento solicitou a rescisión do dito contrato.

13º. Magdalena Domínguez Canosa, mediante escrito recibido o 8 de novembro de 2016, solicita que se exclúa do procedemento a parcela referenciada e se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• O predio denominado Prado da Braña (póli. 14 e parcela 254) ten un contrato prorrogado con EDP ata o ano 2016 sobre o cal a alegante di ser usufrutuaria, manifestando que en ningún momento solicitou a rescisión do dito contrato.

14º. José Fernández Agulleiro, mediante escrito recibido o 7 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• Vanse ver afectadas unha serie de parcelas da súa propiedade.

15. José Sar Rodríguez, mediante escrito recibido o 7 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• O predio 158 (parcela 402 do polígono 19 do catastro) é da propiedade do alegante.

• Vanse ver afectadas unha serie de inmobles da propiedade do alegante dos que se achega documentación.

• Ponse en dúbida a utilidade pública dos parques eólicos.

16º. Manuel Ángel Liñeiro Martínez, mediante escrito recibido o 11 de novembro de 2016, solicita que se teñan en conta unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• O predio 3-1 (parcela 135 do polígono 4, lugar Prado Muiño Bello) non é da propiedade do alegante.

17º. Marcelino García Santos, Manuel Carlos García Rivadulla, Benigna Touriñán Alvarellos e Carmen Ferreiro Touriñán, mediante escrito recibido o 9 de novembro de 2016, solicitan que se corrixan os datos referentes os seus predios e que EDP se poña en contacto con eles para chegar a un mutuo acordo, facendo unha serie de alegacións. A continuación faise unha síntese daquelas alegacións que están relacionadas coa procedencia da declaración de utilidade pública en concreto:

• Carmen Ferreiro Touriñán actúa en representación de Juan Ferreiro Otero.

• O predio 49-1 (parcela 173 do polígono 12, do catastro do concello de Muxía) é propiedade de Marcelino García Santos e do seu fillo Manuel Carlos García Rivadulla, figurando erroneamente como cotitular Benigna Touriñán Alvarellos.

• O predio 49-2 (parcela 172 do polígono 12, do catastro do concello de Muxía) é propiedade de Juan Ferreiro Otero e de Benigna Touriñán Alvarellos, figurando erroneamente como cotitular Manuel Carlos García Rivadulla.

Destas alegacións déuselle traslado a promotora que contestou:

1. Escrito recibido o 18 de xaneiro de 2017, no que se valoran as alegacións achegadas por María Carmen López Leyro, no que en síntese manifesta o seguinte:

• O proxecto presentado conta coa autorización da Dirección Xeral de Industria, conta cos informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, ten a declaración de impacto ambiental e tivéronse en conta, tanto a Guía de criterios de integración paisaxística de parques eólicos elaborada pola Xunta de Galicia, como a Guía de estudos de impacto e integración paisaxística tamén elaborada pola propia Administración.

• Respecto da falta de información proporcionada aos afectados, a declaración de utilidade pública non implica que EDP Renovables España, S.L.U., se aparte do procedemento legalmente establecido, tramitándose, pola contra, de acordo co marco legalmente establecido.

• Respecto da valoración dos terreos ou a súa cualificación, faranse as comprobacións oportunas e se valorarán e cualificarán en función do seu aproveitamento e dos criterios de valoración legalmente establecidos.

2. Escrito recibido o 13 de xaneiro de 2017, no que se valoran as alegacións achegadas por Esther Sar Blanco, no que en síntese manifesta o seguinte:

• Segundo a documentación achegada pola alegante debe terse en conta que o cupo que se lle adxudica na escritura de protocolización de operacións particionais aparece como privativa de Dolores Blanco Liñero cando se describen os lindes do predio denominada Prado do Monte ou Pedra de Solete no cupo da alegante.

• De ser o caso, unha vez exhibida a documentación orixinal para os efectos do seu cotexo e se acredite fidedignamente a titularidade, actuarase conforme a dereito.

3. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por María Herminia Sar Rodríguez, no que en síntese manifesta o seguinte:

• O predio ao que a alegante fai referencia xa fora incluído no acordo de sometemento de información pública adoptado pola Delegación Provincial da Coruña (22.5.2009), polo que non é necesaria a inclusión na nova solicitude de ampliación da DUP.

• A utilidade pública das instalacións eléctricas vén recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

4. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Manuel Soneira del Río, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas vén recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Manuel Pereira Sánchez, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas vén recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

6. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Ángeles Colomer Polo, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas vén recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

7. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Purificación Domínguez Blanco, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas para os efectos da expropiación forzosa vén recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Respecto do acordo por servidume de paso entre as partes, procederase conforme a dereito logo de ter acreditada a titularidade do dito predio.

8. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Alejandro Martínez Quintáns, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas para os efectos da expropiación forzosa ven recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Respecto do acordo por servidume de paso entre as partes, procederase conforme a dereito logo de ter acreditada a titularidade do dito predio.

9. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por María Rosario Trillo Martínez, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas vén recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

10. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Manuel Antonio Pérez Blanco, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas vén recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

11. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Carmen Alvarellos Gándara, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas para os efectos da expropiación forzosa ven recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Respecto do acordo por servidume de paso entre as partes, procederase conforme a dereito logo de ter acreditada a titularidade do dito predio.

12. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Clementina Domínguez López, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas para os efectos da expropiación forzosa ven recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Respecto do acordo por servidume de paso entre as partes, procederase conforme a dereito logo de ter acreditada a titularidade do dito predio.

13. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Magdalena Domínguez Canosa, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas para os efectos da expropiación forzosa ven recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Respecto do acordo por servidume de paso entre as partes, procederase conforme a dereito logo de ter acreditada a titularidade do dito predio.

14. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por José Fernández Agulleiro, no que en síntese manifesta o seguinte:

• A utilidade pública das instalacións eléctricas vén recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

15. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por José Sar Rodríguez, no que en síntese manifesta o seguinte:

• Respecto da titularidade do predio do alegante, procederase conforme a dereito logo de ter acreditada a titularidade do dito predio.

• A utilidade pública das instalacións eléctricas vén recoñecida no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

16. Escrito recibido o 16 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Manuel Ángel Liñeiro Martínez, no que en síntese manifesta o seguinte:

• EDP actuou cun carácter preventivo ao identificar a parcela co alegante. Non obstante, en caso de existir erro actuará conforme o establecido na Lei de expropiación forzosa.

17. Escrito recibido o 12 de decembro de 2016, no que se valoran as alegacións achegadas por Marcelino García Santos, Manuel Carlos García Rivadulla, Benigna Touriñán Alvarellos e Carmen Ferreiro Touriñán, no que en síntese manifestan o seguinte:

• O artigo 3 da Lei de expropiación forzosa establece que para os seus efectos os titulares serán os que consten nos rexistros públicos.

• Logo de quedar fidedignamente acreditada a titularidade dos predios dos alegantes, EDP non tería inconveniente en chegar a un acordo.

Consideracións legais e técnicas:

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións da promotora, cómpre sinalar:

1º. Non procede atender a solicitude realizada por María C. López Leyro polo seguinte:

• No que respecta ao trámite de información pública, axustouse ao disposto no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas.

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

2º. Non procede atender a solicitude realizada por Esther Sar Blanco polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3º. Non procede atender a solicitude realizada por María Herminia Sar Rodríguez polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

4º. Non procede atender a solicitude realizada por Manuel Soneira del Río polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

5º. Non procede atender a solicitude realizada por Manuel Pereira Sánchez polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

6º. Non procede atender a solicitude realizada por Ángeles Colomer Polo polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

7º. Non procede atender a solicitude realizada por Purificación Domínguez Blanco polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

8º. Non procede atender a solicitude realizada por Alejandro Martínez Quintáns polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

9º. Non procede atender a solicitude realizada por María Rosario Trillo Martínez polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

10º. Non procede atender a solicitude realizada por Manuel Antonio Pérez Blanco polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

11º. Non procede atender a solicitude realizada por Carmen Alvarellos Gándara polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

12º. Non procede atender a solicitude realizada por Clementina Domínguez López polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

13º. Non procede atender a solicitude realizada por Magdalena Domínguez Canosa polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

14º. Non procede atender a solicitude realizada por José Fernández Agulleiro polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

15º. Non procede atender a solicitude realizada por José Sar Rodríguez polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

16º. Non procede atender a solicitude realizada por Manuel Ángel Liñeiro Martínez polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

17º. Non procede atender a solicitude realizada por Marcelino García Santos, Manuel Carlos García Rivadulla, Benigna Touriñán Alvarellos e Carmen Ferreiro Touriñán, polo seguinte:

• Non se alega ningunha das causas de limitación de servidume de paso establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Modificar a declaración de utilidade pública, en concreto, por ampliación da relación de bens e dereitos afectados, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo de outras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 7 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña