Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2016/103-2, 8412 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: legalización CT 1780 Os Picos.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no apoio 8 existente da LMT Fazouro-ST Mondoñedo e final no novo CT Os Picos de caseta proxectado, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2. Centro de transformación prefabricado Os Picos, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha potencia instalada de 100 kVA, relación de transformación de 20.000-400-230 V.

3. Rede de baixa tensión soterrada, con orixe no novo CT Os Picos e final nun paso aéreo a soterrado proxectado nun apoio de formigón, cunha lonxitude de 50 metros en condutor tipo RV.

4. Rede de baixa tensión aérea, con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado, cunha lonxitude de 57 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 11 de xullo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo