Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2017 Páx. 36420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a dirección de obra, a dirección de execución material de obra e a coordinación en materia de seguridade e saúde das obras de rehabilitación do claustro da hospedaría no mosteiro de Melón, 1ª fase (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=138759

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 61, do 28 de marzo de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizos para a dirección de obra (DO), a dirección de execución material de obra (DEM) e a coordinación en materia de seguridade e saúde (CSS) das obras de rehabilitación do claustro da hospedaría no mosteiro de Melón (Ourense), 1ª fase.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 72.200,28 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 27 de xuño de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 4 de xullo de 2017.

c) Adxudicatario: Juan Carlos Cabanelas Rodríguez.

d) Importe de adxudicación: 60.000,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria