Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (31/2016).

Procedemento ordinario (PO) 31/2016

Sobre: ordinario

Demandante: Samuel Cartagena Cavina

Avogado: Abel González Torres

Demandados: Bernardo Lozano Herbas, Exclusivas Abber, S.C., Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 31/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Cartagena Cavina sobre reclamación de cantidade (procedemento ordinario), se ditou o 6 de marzo de 2017 a seguinte sentenza aclarada, cuxa decisión di:

Tense por desistido a Samuel Cartagena Cavina da demanda promovida fronte á entidade Exclusivas Abber, S.C.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Samuel Cartagena Cavina contra o empresario individual Bernardo Lozano Herbas e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Bernardo Lozano Herbas a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.629,37 € brutos por salarios devindicados entre decembro de 2014 a setembro de 2015, incluíndo paga extra de xullo de 2015, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bernardo Lozano Herbas, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza