Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35869

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (26/2016).

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, letrada da Administración de xustiza e do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 dos de Ribeira, fago saber que nos autos de divorcio contencioso tramitado ante este xulgado co número 26/2016, recaeu sentenza, cuxo encabezado e fallo é do tenor literal seguinte:

«Sentenza número 55/2017.

Ribeira, 8 de maio de 2017.

Iria López Carregal, xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 de Ribeira e do seu partido, viu os autos do xuízo verbal especial rexistrados co número 26/2016 promovidos por María Begoña Mesías Vázquez, representada pola procuradora dos tribunais Mercedes Treus Blanco e asistida pola letrada Helena Teixeira Barcala; contra Javed Muhammad, sen representación nin asistencia técnicas; sobre divorcio.

Decido estimando integramente a demanda, acordo a disolución do vínculo matrimonial existente entre María Begoña Mesías Vázquez e Javed Muhammad, con todos os efectos inherentes a iso.

Non se fai expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela cabe formular recurso de apelación, que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación, e do que coñecerá a Audiencia Provincial da Coruña, conforme dispoñen os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioa, mando e asino».

E, para que conste a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma ao demandado Javed Muhammad, en situación de rebeldía procesual, sendo o seu paradoiro descoñecido, expido a presente.

Ribeira, 23 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza