Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35868

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (1010/2015).

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, letrada da Administración de xustiza e do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 dos de Ribeira, fago saber que nos autos de xuízo por delito leve divorcio tramitado ante este xulgado co número 1010/2015, recaeu sentenza, cuxo encabezado e fallo é do tenor literal seguinte:

«Sentenza número 81/2016.

No procedemento para o xuízo de delito leve número 1010/2015 seguido neste xulgado de instrución por un delito leve de estafa do artigo 249, segundo parágrafo, do Código penal contra o denunciado Jordi Arias Fernández, sendo denunciante Raquel Betanzos Rego.

Fallo que debo absolver e absolvo a Jordi Arias Fernández do delito leve de estafa polo que foi denunciado e polo que se celebrou o presente xuízo, con declaración de oficio das custas causadas nesta instancia.

A presente resolución non é firme e contra esta cabe interpoñer recurso de apelación neste xulgado e ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación, artigo 976 e concordantes da Lei de axuizamento criminal.

Así o pronuncio, mando e asino».

E, para que conste a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Jordi Arias Fernández, sendo o seu paradoiro descoñecido, expido a presente.

Ribeira, 23 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza