Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35867

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (268/2015).

Patricia Cacheda Varela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, polo presente,

No procedemento de filiación seguido neste xulgado co número 268/2015, ditouse sentenza do 14 de xuño de 2017 admitindo integramente a demanda presentada pola representación procesual de Antonio Brea Nieto e declarando que este é fillo de José Barreiro Mata.

E encontrándose os demandados rebeldes María del Carmen, Xesús e Manuel Barreiro Rey en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes, quedando o texto íntegro da sentenza á súa disposición neste xulgado.

Ordes, 14 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza