Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35866

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (298/2016).

Patricia Cacheda Varela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, polo presente,

Anuncio:

No procedemento de divorcio seguido neste xulgado co número 298/2016, ditouse sentenza de data 11 de abril de 2017 declarando a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado por Emeregilda Pérez Araújo e Carmine Pasannante.

E encontrándose o demandado Carmine Pasannante, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este, quedando o texto íntegro da sentenza á súa disposición neste xulgado.

Ordes, 5 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza