Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35695

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (223/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 223/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones Vixoy, S.L., Administración Concursal e Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

«Decido

Que estimando a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Vixoy, S.L., en situación de concurso, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a esta entidade a aboar á demandante 689,22 €.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vixoy, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza