Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (273/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañon, letrada da Administración de xustiza do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 273/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Covadonga Fernández Herrera contra a empresa Pezetace, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo fallo é o seguinte:

«Fallo

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Covadonga Fenández Herrera debo condenar e condeno á empresa Pezetace, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 1.751,07 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pezetace, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza