Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (543/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 543/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, María Teresa Folla González e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxo fallo é o seguinte:

«Fallo

Que admitindo a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Traballo contra os demandados INSS, TXSS e María Teresa Folla González, debo declarar e declaro a responsabilidade directa e principal da empresa do aboamento dos gastos de asistencia sanitaria anticipados pola mutua demandante como consecuencia do accidente de traballo sufrido polo traballador, declarando a responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS en caso de insolvencia empresarial; en consecuencia, condeno á empresa demandada con carácter principal e ao INSS e TXSS co carácter subsidiario que se dixo, se é o caso, a reintegrar á mutua demandante 985,34 €.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este Xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a María Teresa Folla González, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza