Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35693

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4592/2016-BPB).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 4592/2016

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 413/2015 Xulgado do Social número 2 de Pontevedra

Recorrente: Carlos Alberto Caamaño Fernández

Avogado: Alberto Gallego Rivera

Procurador: Antonio Pardo Fabeiro

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Clasificación y Cargas Conde, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4592/2016-BPB desta sala, seguido por instancia de Carlos Alberto Caamaño Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61 e a empresa Clasificación y Cargas Conde, S.L., sobre accidente de grao, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Decidimos

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Carlos Alberto Caamaño Fernández, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra con data 22 de xuño de 2016, nos presentes autos 413/2015, tramitados por instancia do referido recorrente fronte aos demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap, así como fronte á empresa Clasificación y Cargas Conde, S.L., debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Clasificación y Cargas Conde, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza