Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 4 de xullo de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01560-O-2017 e quince máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador número XC-01560-O-2017 e quince máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores estan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 4 de xullo de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01560-O-2017

6998-CSX

Desbroces Beluso, S.L.

B70251095

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

8.4.2017; 16.48; AG-59; 1,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 €

XC-01667-O-2017

5634-JKD

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9  horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

31.3.2017; 12.10; AP-9M; 1,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

XC-01669-O-2017

5634-JKD

Arias Logística y Transporte, S.L.

B27288521

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

31.3.2017; 12.15; AP-9M; 1,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

XC-01732-O-2017

2031HWX

Antonio José Álvarez Pérez

33841687Q

Non levar en lugar visible os distintivos que sexan exixibles ou levalos nunhas condicións que dificulten a súa percepción ou facer un uso inadecuado deles.

21.4.2017; 11.20; N-634; 109,500

Art. 62. a) Lei 4/2013

Art.63 Lei 4/2013

100 €

XC-01734-O-2017

2031HWX

Antonio José Álvarez Pérez

33841687Q

A realización de servizos de transporte iniciados nun termo municipal distinto do que corresponde á licenza de taxi, agás nos supostos legalmente exceptuados.

21.4.2017; 11.20; N-634; 709,500

Art.61 c) Lei 4/2013

Art.63 Lei 4/2013

401 €

XC-01747-O-2017

C-0302-BD

López y Caínzos, S.L.

B70167192

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

28.4.2017; 15.30; AC-0121; 9

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 €

XC-01818-I-2017

C-7202-BS

Manuel Jiménez Jiménez

32766127M

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.
24.5.2017; 9.19.26; AP-9; 25,200

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

350 €

XC-01828-O-2017

6740-JHY

Coasespar Sdad. Coop. Madrileña

F87573481

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non estea en poder seu.

20.4.2017; 21.30; AP-9; 79,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 €

XC-01855-O-2017

9610-FYY

Transportes Sojif, S.L.

B70452925

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 1 hora (sobre 3+9 horas). Atenuante-Igual ou superior a 7 horas e inferior a 8 horas.

21.4.2017; 3.00; N-634; 676,3

Art. 142.19 LOTT

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

XC-01866-O-2017

4796-JXL

AJJ Stores, S.A.

A24428161

Carecer dos extintores que resulten obrigatorios en función do vehículo ou a carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

19.4.2017; 10.35; AP-9; 79,5

Art. 141.5.3 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 €

XC-01873-O-2017

1810-JBZ

Amador Gómez, José Javier

24349243V

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

25.4.2017; 16.10; N-634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 €

XC-01919-O-2017

4773-FHL

Abrahan Servicios Logísticos, S.L.

B15971641

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

15.5.2017; 18.00; AC-840; 52,5

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 €

XC-01923-O-2017

6547-CCB

Nieto Prego, María Nuria

76898811J

Atenuante-Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

28.4.2017; 7.47; AP-9; 80,0

Art. 141.25 LOTT

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 €

XC-01994-O-2017

PO-9356-BT

O Preve, S.C.

J9477112

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

4.5.2017; 7.45; N-550; 48,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 €

XC-02055-O-2017

8279-GHX

Aguas y Bebidas Refrescantes O Burgo, S.L.

B15672371

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

11.5.2017; 12.24; AC-566; 12,5

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 €

XC-03114-I-2016

6251 FNS

Mercancías Gráficas, S.L.

B70342753

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

14.12.2016; 12.00; AP-9-M; 1,300

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 €