Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponte Caldelas (expediente IN407A 2017/380-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: avda. de Pontevedra, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: LMTS e CST Cuñas, CT Ponte 6, fase 2.

Situación: Ponte Caldelas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 440 metros de lonxitude con orixe no centro de transformación Ponte 3 e final no centro de transformación Ponte 6. A instalación está situada en Caldelas, Ponte Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de xuño de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra