Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 27 de xullo de 2017 Páx. 35711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 27 de xuño de 2017, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica a solicitude de datos do expediente sancionador en materia de transportes terrestres devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente OU-00525-I-2017).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a solicitude de datos do expediente sancionador número OU-00525-I-2017, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de solicitudes de datos ás persoas interesadas.

Infórmaselles que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para achegar a documentación requirida:

Así mesmo, advírteselles que, no caso de non recibir resposta algunha ao noso requirimento, iniciásese sen máis trámite o correspondente expediente de sanción, como falta grave ou moi grave, por obstrución ao labor inspector, ao non facilitar os datos requiridos, que lle impide o exercicio das súas funcións.

Na súa contestación é imprescindible que se faga referencia ao número de expediente anteriormente citado.

Ourense, 27 de xuño de 2017

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.q.

Datos requiridos

OU-00525-I-2017

3920-JVT

Minokua, S.L.

B45728011

Transporte de mercadorías desde Illescas ata Mos e Fene excedéndose a MMA total de vehículo inferior ou igual a 12 tm realizando transporte privado complementario de mercadorías. Masa en carga: 4.400 kg. MMA: 3.500 kg. Exceso: 900 kg (25 % 71). Pesaxe efectuada en lugar recto, liso, cha, en presenza do condutor, con báscula da Xunta de Galicia marca haenni, modelo wl-103, números 4591, y 4592, debidamente verificada, número de medición 2859. Achégase como proba o tícket da pesaxe, do cal se fai entrega dunha copia ao condutor. Transporta perchas de plástico. Realiza transporte privado.

9.2.2017; 13.02; A-52; 202,0

Nome ou denominación social, domicilio e DNI/CIF da empresa cargadora, achegando factura do pagamento do transporte que contratou os servizos do transportista (carrexador), en orixinal ou copia debidamente compulsada.