Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 6 de xullo de 2017, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, polo que se notifica acordo de incoación dun procedemento sancionador por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, porque intentadas as notificacións non se puideron efectuar (expediente S-C-06.17).

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural adoptou acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal deste acordo non foi posible efectuala.

Por medio deste anuncio, e segundo dispoñen os artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) , na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) devandito.

Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo, e continuarase coa tramitación do procedemento ata que se dite a correspondente resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2017

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO

Expediente: S-C-06.17, información previa VI-CC-012.15. A Coruña.

Feito imputado: obras de rehabilitación de vivenda unifamiliar no Camiño de Santiago, ao seu paso por Melide.

Afectado: Ramón Mejuto Varela.

Último domicilio coñecido do interesado: Melide.

Acto notificado: acordo de incoación de expediente sancionador.

Prazo para alegacións: quince (15) días.