Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2017/42-2, 8514 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Cementos Oural 132 kV. Equipamento 132 kV con HIS.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

1. Equipamento completo das dúas posicións de liña 132 kV, mediante módulos HIS. Instalación en cada posición dun transformador capacitivo e tres autoválvulas.

2. Substitución do actual embarrado e das conexións entre a aparellaxe de 132 kV, pasando a cable LA Condor Ø27,72 e 455 mm2 de sección. Retirada do seccionador aéreo by-pass existente, xunto co embarrado superior.

3. Instalación dunha caseta A-35 para situar os seguintes equipamentos:

– Cadro de servizos auxiliares.

– Batería de 125 cc.

– Batería de 48 cc.

– UCI.

– Protección diferencial de barras.

– Armarios de proteccións e telecontrol.

4. Prolongación da vía de acceso ata a nova A-35 e reparación do cerramento da subestación nalgúns tramos deteriorados. Instalación dunha nova varanda divisoria para separar as propiedades de UFD e Cementos Oural.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 30 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo