Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 35052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017034TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 16 de xuño de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2017034TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Roberto Gómez San Emeterio.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ao non ser posible efectuala, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase o contido da citada resolución, que figura como anexo.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación, en cumprimento co disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 26 de xuño de 2017

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017034TA-LU.

Denunciado: Roberto Gómez San Emeterio.

DNI: 14857920N.

Último enderezo coñecido: Gándara, 2, 27163 O Corgo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Resolución: arquivamento por extinción de responsabilidade.