Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (260/2017).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 260/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Manuel Torres Casal contra a empresa José Daniel Seijo Cotelo e a mercantil Taller de Pintura Unite, S.L., coa intervención de Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza.

Na Coruña o vinte e tres de xuño de dous mil dezasete.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 260/2017, en que son parte, dun lado como demandante Óscar Manuel Torres Casal representado pola letrada Cristina Augusta Gómez Lozano, e como demandados a empresa Daniel Seijo Cotelo, a mercantil Taller de Pintura Unite, S.L., que non compareceron malia estaren citados en legal forma, e coa intervención de Fogasa, que non compareceu malia estar citada en legal forma, sobre despedimento, pronunciou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta por Óscar Manuel Torres Casal contra as empresas José Daniel Seijo Cotelo e Taller de Pintura Unite, S.L., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante por parte de José Daniel Seijo Cotelo, e condeno este a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 33.846,75 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 46,05 euros/día, con absolución de Taller de Pintura Unite, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma ás mercantís José Daniel Seijo Cotelo e Taller de Pintura Unite, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza