Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34375

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (230/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 230/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Caspen 2008, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse resolución cuxo ditame é o seguinte:

Decido que estimando a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra Caspen 2008, S.L., con citación do Fogasa, debo condenar e condeno esta entidade a aboar á demandante 254,36 €.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Caspen 2008, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 26 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza