Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34371

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3139/2015).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3139/2015

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 301/2013. Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

Recorrente: Luisa Carballo Pérez

Avogado: Antonio Alberto Calvar Carballo-Pérez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación, Luis Núñez Maestu

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento sobre recurso de suplicación 3139/2015-RCUD 136/16 desta sala, seguido por instancia de Luisa Carballo Pérez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación, Luis Núñez Maestu, sobre xubilación, a Sala IV do Tribunal Supremo, o 11 de maio de 2017, ditou auto cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Antonio Alberto Calvar Carballo-Pérez del Río, en nome e representación de Luisa Carballo Pérez, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 29 de marzo de 2016, no recurso de suplicación número 3139/2015, interposto por Luisa Carballo Pérez, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Pontevedra, do 19 de decembro de 2014, no procedemento número 301/2013 seguido por instancia de Luisa Carballo Pérez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación e Luis Núñez Maestu, sobre xubilación.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas, por ter a parte recorrente recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Herrero y Cía., Herrero y Cía. Alimentación e a Luis Núñez Maestu, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza