Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33850

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 456/2017-M).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 456/2017-M

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 518/2013 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 456/2017 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra a Asociación Xóvenes Agricultores, Dulce María Iglesias Baniela, administración concursal de Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores (Carlos Costas Manzanares) sobre reclamación cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado habilitado da avogacía do Estado, na representación que ostenta do Fondo de Garantía Salarial, en canto á súa petición principal, e estimando o citado recurso, en canto á súa petición subsidiaria, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, en data 7 de outubro de 2016, en autos seguidos por instancia de Dulce María Iglesias Baniela fronte á Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores, hoxe en situación de concurso voluntario de acredores, ao administrador concursal desta, Carlos M. Costas Manzanares e á entidade recorrente, sobre reclamación de cantidade, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, mantendo a condena realizada na sentenza recorrida á empresa demandada, coas correspondentes consecuencias legais para a administración concursal desta, e limitando as consecuencias que para o Fondo de Garantía Salarial puideran resultar no pagamento da indemnización, derivada da súa responsabilidade subsidiaria e como consecuencia da tramitación do correspondente expediente administrativo, á indemnización que corresponda aboar con referencia a un período de prestación de servizos incluído entre o 1 de xullo de 2011 e o 24 de setembro de 2012.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma á Asociación Xóvenes Agricultores, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza