Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33852

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (7/2014).

Eu, María Luisa Sánchez Garrido, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal 7/2014, seguido por instancia de Zorrilla Empresa Logística, S.A. fronte a Translogística Pérez, S.L. e Manuel Pérez Iglesias, se ditou sentenza número 159/2014, cuxo teor literal é o seguinte:

«Resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Álvarez na representación acreditada, debo condenar e condeno a Translogística Pérez, S.L. e a Manuel Pérez Iglesias a satisfacer á demandante, conxunta e solidariamente, a cantidade de 4.416,50 euros, máis os xuros da Lei 3/2004, máis os xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición das custas causadas.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días, logo da consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da LOPX».

E ao estar os ditos demandados, Translogística Pérez, S.L. e Manuel Pérez Iglesias, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 9 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza