Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 15 de xuño de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea T.C. II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea T.C. II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. José María Piñeiro Míguez (33209908R), faleceu o día 8 de xuño de 2015, solteiro e non deixou descendencia.

Segundo. O falecido era titular do 100 % da concesión administrativa e da batea que alí está fondeada, denominada T.C. II, situada no polígono H, na cuadrícula nº 122, no distrito de Caramiñal (A Coruña).

Terceiro. Non deixou disposición testamentaria ningunha, e foron declaradas únicas herdeiras con dereito á herdanza do falecido a súa irmá María del Carmen Piñeiro Míguez (76493498Y) e a sobriña Diana Giráldez Piñeiro (53482302B) a partes iguais, segundo consta na acta de notoriedade de declaración de herdeiros ab intestato número mil seiscentos vinte e tres do 20 de outubro de 2017.

Cuarto. As herdeiras María del Carmen Piñeiro Míguez e Diana Giráldez Piñeiro aceptan la herdanza do falecido e Diana Giráldez Piñeiro fai unha adxudicación parcial dun ben hereditario en concreto sobre a concesión administrativa e a batea T.C. II a favor de María del Carmen Piñeiro Míguez.

Quinto. Mediante escrito do 13.6.2017, María del Carmen Piñeiro Míguez solicita autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea T.C. II.

Sexta. A solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María del Carmen Piñeiro Míguez (76493498Y), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: T.C. II.

Situación:

Cuadrícula nº: 122.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: José María Piñeiro Míguez (33209908R) 100 % privativa.

Nova titular: María del Carmen Piñeiro Míguez (76493498Y) 100 % privativa.

A nova titular da concesión administrativa subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 15 de xuño de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña