Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 6 de xuño de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea J.J. II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea J.J. II e da concesión administrativa que as ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 5 de xuño de 2017, Francisco Places Fontaine solicitou autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea J.J. II.

Segundo. O solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Illa Benencia, S.L. (B70522933), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.J. II.

Situación:

Cuadrícula nº: 15.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 30.11.1956.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Francisco Places Fontaine (76778149D) 100 % privativa.

Nova titular: Illa Benencia, S.L. (B70522933) 100 %.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. A nova titular da concesión administrativa queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 6 de xuño de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña