Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación, non suxeita a regulación harmonizada, da obra por lotes do proxecto de construción da recuperación, sinalización e mellora do Camiño Inglés adaptándoo á nova delimitación oficial 2013-2014, polo procedemento aberto, tramitación anticipada, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.2.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición do obxecto: correcta execución das obras co obxectivo de revitalizar, promocionar e promover esta ruta xacobea, a súa infraestrutura, o seu patrimonio e o seu legado inmaterial e que sirva de base para a súa contratación e posterior execución das obras, conforme o proxecto redactado. A contratación divídese nos lotes que se detallan a continuación:

Lote 1. Recuperación e sinalización e melloras do Camiño Inglés adaptándoos á delimitación oficial 2014. Lote 1: A Coruña-Bruma; Ferrol-Bruma.

Lote 2. Recuperación e sinalización e melloras do Camiño Inglés adaptándoos á delimitación oficial 2014. Lote 2: Bruma-Santiago de Compostela.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: anticipada e non suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 907.779,19 €, IVE excluído, distribuído por lotes.

Lote 1. Importe sen IVE: 516.654,23 €. Importe IVE (21 %): 108.497,39 €. Total: 625.151,62 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 391.124,96 €. Importe IVE (21 %): 82.136,24 €. Total: 473.261,20 €.

Importe total dos lotes (IVE incluído): 1.098.412,82 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 1. 12 de maio de 2017.

Lote 2. 9 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1. 19 de xuño de 2017.

Lote 2. 19 de xuño de 2017.

c) Adxudicatarios:

Lote 1. Extraco, Obras e Proxectos, S. A.

Lote 2. Probisa Vías y Obras, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1. Importe sen IVE: 350.653,00 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 266.500,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia