Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (62/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 62/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Liñares Brandón contra o Fogasa e Falcón Contratas y Seguridad, S.A., sobre ordinario, se ditou Sentenza do 19 de xuño de 2017 co número 303/2017, cuxo encabezamento e resolución é do teor literal seguinte:

«Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 62/2015, sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de Sergio Liñares Brandón, representado e asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras; contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non compareceu ao acto do xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao acto do xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base no seguinte:

Que, aceptando integramente a demanda interposta por Sergio Liñares Brandón contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 879,26 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET, respecto da devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC, a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non ten lugar á súa condena nesta instancia e debe observarse o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza