Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33370

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 141/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 141/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Méndez García contra Sariconstrunor, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017.

Parte dispositiva:

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a José Antonio Méndez García con Sariconstrunor, S.L. e condeno a Sariconstrunor, S.L. a aboarlle a José Antonio Méndez García a suma de 18.836,08 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data da presente resolución e a suma de 28.026,16 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sariconstrunor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza