Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33371

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (36/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 36/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mónica Souto Blanco e Ramón Blanco López contra a empresa Transportes Amajosa, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Mónica Souto Blanco e Ramón Blanco López, contra Transportes Amajosa, S.L., debo condenar e condeno á mercantil demandada a aboarlle á demandante Souto Blanco a suma de 1.320,17 euros brutos en concepto de salario de xullo de 2014, e ao demandante Blanco López a suma de 1.393,23 euros en concepto de salario de xullo de 2014, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre as devanditas cantidades desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LEC a partir desta resolución.

En relación coa responsabilidade do Fogasa deberá estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Amajosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza