Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 3 de xullo de 2017 polo que se dá publicidade á resolución da Secretaría Xeral para o Deporte do 30 de xuño de 2017 relativa ao procedemento de revogación de recoñecemento da Federación Galega de Fútbol Sala como federación deportiva galega e de cancelación da inscrición da Federación Galega de Fútbol Sala no Rexistro de Entidades Deportivas.

Para xeral coñecemento, e logo da súa notificación á Federación Galega de Fútbol e á Federación Galega de Fútbol Sala, faise público que por resolución da Secretaría Xeral para o Deporte do 30 de xuño de 2017, logo do procedemento tramitado para tal efecto, acordouse a revogación do recoñecemento da Federación Galega de Fútbol Sala como federación deportiva galega e a cancelación da inscrición da Federación Galega de Fútbol Sala no Rexistro de Entidades Deportivas, resolvendo literalmente que:

«Primeiro. Revogar o recoñecemento da Federación Galega de Fútbol Sala como federación deportiva galega.

Segundo. Cancelar a inscrición da Federación Galega de Fútbol Sala no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Terceiro. As licenzas de xogadores, adestradores e árbitros expedidas pola Federación de Fútbol Sala manterán a súa validez e antigüidade ata a expedición de novas licenzas pola Federación Galega de Fútbol.

Cuarto. Os órganos de goberno da Federación Galega de Fútbol asumirán, de conformidade cos seus estatutos, as funcións que corresponden para a práctica da especialidade deportiva de fútbol sala, nomeadamente a planificación, organización e programación desta especialidade, así como a aprobación do calendario de competicións do fútbol sala que será de obrigado cumprimento para clubs, xogadores, adestradores e árbitros.

Quinto. Os clubs asociados á Federación Galega de Fútbol Sala pasarán a integrase na Federación Galega de Fútbol a partir da publicación da resolución, cos mesmos dereitos e deberes que tiñan recoñecidos.

Os clubs asociados á Federación Galega de Fútbol Sala que non pretendan integrase na Federación Galega de Fútbol deberán notificar a ésta última a súa vontade no prazo de quince días contados a partir da publicación da resolución. En caso de non notificación, integraranse de oficio.

Sexto. Na distribución de membros da Asemblea Xeral da Federación Galega de Fútbol adecuarase estes membros ao número proporcional de licenzas».

O texto integro da citada resolución poderase consultar na seguinte URL:

http://deporte.xunta.gal/adjuntos/cTexto/46_2_resolucion30xuao2017revogacionfgfs_0.pdf.

Ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral sitas en Rúa de Madrid, 2-4, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte