Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 7 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprazanse as entidades interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dos acordos de trámite de audiencia, ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos citados acordos deberá efectuarse ante o Servizo de Avaliación Ambiental de Proxectos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio), situado en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Nº de rexistro EMAS

Entidade interesada

CIF

ES-GA-000041

Singla Ingeniería, S.L.

B15678626

ES-GA-000227

Africliber, S.L.

B15761562

ES-GA-000062

Gaia Gestión Deportiva, S.L.

B27231133

ES-GA-000146

System Móvil Vigo, S.L.

B36840791