Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (111/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 111/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Cao Collazo contra Dado Dada, S.L., Auditorio de Galicia, Fogasa sobre ordinario, ditouse decreto do 19 de xuño de 2017 co número 399/2017 cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Acordo:

– Ter por desistido a Manuel Cao Collazo da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Dado Dada, S.L., Auditorio de Galicia e Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución sen máis trámites.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes e a empresa demandada Dado Dada, S.L., por medio de edicto a fixar no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa publicación no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dado Dada, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza