Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33365

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (43/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 43/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Ferro Adrán contra a empresa Limpiezas El Polígono e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por María José Ferro Adrán contra Limpiezas El Polígono, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 328,63 euros polos conceptos indicados no feito probado sexto desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

En relación coa responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza