Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (173/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 173/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Prieto Nieves contra a empresa Construcciones Metálicas Carreira, S.L., Mutua Fremap, o Fogasa, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por José Antonio Prieto Nieves, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 61 e Construcciones Metálicas Carreira, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a prestación de incapacidade temporal correspondente ao período de IT por enfermidade común en que estivo incurso desde o 22.5.2012 ao 22.6.2012 e desde o 28.8.2012 ao 9.11.2012 cunha base reguladora mensual de 1.600,59 euros (base diaria de 51,63 euros) e, en consecuencia, a que se lle aboe a diferenza xurdida na prestación de IT entre o percibido e o que debeu percibir polo segundo proceso de IT referido, que se determinará tendo en conta que debeu percibir 2.865,46 euros brutos e que a Mutua demandada lle pagou 2.410,84 euros netos (sen que conste o bruto), condeno os demandados a estar e pasar pola devandita declaración e a que lle aboen ao demandante a diferenza indicada, e condeno a Construcciones Metálicas Carreira, S.L. como responsable directa da totalidade da devandita suma por razón da infracotización, sen prexuízo da obriga de anticipo da devandita cantidade por Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 61 e das accións de reembolso que lle correspondan a esta contra a empresa demandada por razón da infracotización, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia de Mutua Fremap e con absolución do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Metálicas Carreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza