Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33360

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1144/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1144/2014 por instancia de Jesús Gómez Díaz contra a empresa Ana María Domínguez Rios e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales seditou sentenza o 13.6.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por Jesús Gómez Díaz fronte á empresa Ana María Domínguez Rios, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Ana María Domínguez Rios a aboar a Jesús Gómez Díaz a cantidade de oito mil novecentos sesenta euros con corenta e oito céntimos de euro (8.960,48 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ana María Domínguez Rios expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de xuño de 2017

A secretaria xudicial