Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (699/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 699/2014 por instancia de Manuel Insua Insua contra a empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 13.6.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Manuel Insua Insua fronte ás empresas Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., a súa administración concursal e Unión Fenosa Distribución, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

«Resolución:

Condénase a Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., debendo responder destas o seu administrador concursal, a aboar a Manuel Insua Insua a cantidade de catro mil setecentos setenta e sete euros con setenta e sete céntimos de euro (4.771,77 euros) respondendo solidariamente desta as empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Montajes Eléctricos García Bouza expido e asino a presente.

A Coruña, 20 de xuño de 2017

A secretaria xudicial