Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33357

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 1301/2017).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1301/2017

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 621/2016. Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Ceferino Grovas Torrado

Avogado: Miguel Francisco Costas Díaz

Recorrido: Talleres Tobal Móvil, S.L. (BOP)

Recorrido: Fogasa

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1301/2017 desta sección, seguido por instancia de Ceferino Grovas Torrado contra o Fogasa, Talleres Tobal Móvil, S.L., sobre resolución de contrato, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante, Ceferino Manuel Grovas Torrado, contra a sentenza do 17 de xaneiro de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos seguidos por instancia do mencionado recorrente fronte á empresa demandada Talleres Tobal Móvil, S.L., sobre extinción de contrato, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impuganda.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Tobal Móvil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza