Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33355

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5410/2016).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5410/2016 desta sección, seguido por instancia de Diego Morais Núñez contra Lemos Romero, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Hermanos Fernandez Oya, Comunidade de Bens, Jesús Fernández Oya, Juan Fernández Oya e outros sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante Diego Morais Núñez contra a sentenza de data 20 de setembro de 2016 ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo nos autos número 11/2016 seguidos por instancia do demandante Diego Morais Núñez contra os demandados Hermanos Fernández Oya CE, integrada por Jesús Fernández Oya e Juan Fernández Oya, Francisco Lemos Romero, S.L., Blockgándara, S.L., Granitos Moravi, S. L, Granitos Santa Rosa, S.L., Lemos Romero, S.L., Bloques De Porriño, S.A., Graniatios, S.L., Cabaleiro Nogueira, S.L. e Canteras Vilafría, S.L., o empresario Francisco Cabaleiro Nogueira, a Mutua Gallega, a Mutua Fremap, a Mutua Universal-Mugenat, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre enfermidade profesional debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro del improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións o concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Juan Fernandez Oya, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza