Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 10 de xullo de 2017 Páx. 33353

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 5 de xuño de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución CM-02/2017, da mesma data, pola que se convoca, polo sistema de concurso de méritos, a provisión dun posto de xefe/a do equipo de mantemento.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria, para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe/a do equipo de mantemento da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios do Servizo de Persoal da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, dirixidas ao xerente de xestión integrada, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 5 de xuño de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Equipo Hospitalario e Servizo Urxencias.

Requisitos: persoal estatutario fixo de xestión e servizos nos grupos C2, nas categorías de electricista, fontaneiro/a e calefactor/a.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.