Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32672

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (PO 692/2014).

PO. Procedemento ordinario 692/2014

Demandante: José Manuel Lorenzo Martínez

Avogada: Natalia Erviti Álvarez

Demandados: Serramar Vigiliancia y Seguridad, S.L., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 692/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Lorenzo Martínez contra Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de José Manuel Lorenzo Martínez, asistido pola letrada Sra. Erviti Álvarez, contra Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., e debo condenar a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 5.317,07 euros polos conceptos indicados, máis o 10 % do xuro por demora no pagamento.

Debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza