Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32674

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (662/2014).

PO. Procedemento ordinario 662/2014

Demandante: Daniel Cordero Placer

Avogado: José Manuel Vales Raña

Demandadas: Moldsan, S.L.U., APP Dexterapp, S.L. e Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 662/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Cordero Placer contra Moldsan, S.L.U., APP Dexterapp, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda presentada por instancia de Daniel Cordero Placer, asistido polo letrado Sr. Vales Raña, contra as entidades Moldsan, S.L.U. e APP Dexterapp, S.L., debo condenar e condeno as empresas demandadas a aboarlle solidariamente ao demandante a cantidade de 9.625,48 euros máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Modo de impugnación. Advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Moldsan, S.L.U. e APP Dexterapp, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza