Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32657

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (322/2017).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente edicto, anuncio no presente procedemento more uxorio 322/2017, seguido por instancia de Lilian Ifeoma Igboezue fronte a Joseph Chikelue Igboezue ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 303.

Vigo, 14 de xuño de 2017.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 322/2017 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillos menores de idade, por instancia de Lilian Ifeoma Igboezue, representada pola procuradora dos tribunais Isabel Lillo Serrano e con asistencia letrada de Alberto Domínguez Pérez, contra Joseph Chikelue Igboezue, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, de acordo cos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Lillo Serrano, en nome e representación de Lilian Ifeoma Igboezue, como demandante, contra Joseph Chikelue Igboezue, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, estimo parcialmente a demanda e realizo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia dos fillos menores atribúeselle a Lilian Ifeoma Igboezue, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre os menores.

Segundo. Non procede establecer un réxime de comunicación entre o proxenitor non custodio e os seus fillos, sen prexuízo do que proceda acordar no futuro se as circunstancias actuais cambiasen.

Terceiro. Non procede establecer unha pensión de alimentos con cargo ao demandado a favor dos seus fillos, sen prexuízo do que proceda acordar no futuro se as circunstancias actuais cambiasen.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, perante a Audiencia Provincial.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así o pronuncio mando e asino por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos».

Encontrándose o dito demandado, Joseph Chikelue Igboezue, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 15 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza