Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32659

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1095/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1095/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Prol Álvarez, Manuel Jorge Lago Rey e Domingo Lado Martínez contra a empresa Aldesa Construcciones, S.A., Manuel Arcos Ferreiro, S.L., Globe Jurídico Mercantil, S.L.P., administración concursal de Manuel Arcos Ferreiro, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de maio de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1095/2013, en que son parte, dun lado como demandantes, Ricardo Prol Álvarez, Manuel Jorge Lago Rey e Domingo Lado Martínez, representados polo letrado José Daniel Perez López, e como demandados Aldesa Construcciones, S.A., pola que comparece na súa representación o graduado social Manuel Antonio Navarro Maldonado; a mercantil Manuel Arcos Ferreiro, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma; a administración concursal da mercantil Manuel Arcos Ferreiro, S.L. e que asume a mercantil Globe Jurídico, S.L.P., pola que comparece no seu nome Valentín Verdejo García, e con DNI 32765685-T, e a entidade Fogasa, que non comparece malia estar citada en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza.

Decido que, estimando a demanda interposta polos demandantes Ricardo Prol Álvarez, Manuel Jorge Lage Rey e Domingo Lado Martínez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Manuel Arcos Ferreiro, S.L., en situación de concurso, a que aboe aos demandantes a cantidade de 6.719,19 euros a favor do Sr. Prol, 6.611,18 euros a favor do Sr. Lago e 6.096,72 a favor do Sr. Lado, polos conceptos reclamados na demanda.

Apróbase a desistencia respecto de Aldesa Construcciones, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Arcos Ferreiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza