Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32655

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (16/2017).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 16/2017

Sobre divorcio contencioso

Demandante: María Camila Gómez Torres

Procuradora: Beatriz Cerviño Gómez

Avogada: María Montserrat Rey Rey

Demandado: Osmar Acuña Cáceres

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando na súa integridade a demanda de xuízo verbal presentada por María Camila Gómez Torres, representada pola procuradora Sra. Cerviño Gómez e asistida da letrada Sra. Rey Rodríguez, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer filla menor de idade Lucía Acuña Gómez, fronte a Osmar Acuña Cáceres, maior de idade, sinalado en autos e declarado en rebeldía procesual, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

Titularidade patria potestade:

Titularidade compartida entre ambos os proxenitores, correspondéndolle á nai o exercicio exclusivo desta, en particular en cuestións médicas, sanitarias, educativas, de expedición e renovación de DNI e pasaporte, fixación ou cambio de domicilio e empadroamento, realización de saídas ao estranxeiro, campamentos, excursións e demais cuestións análogas.

Garda e custodia:

Procede atribuíla á demandante

Réxime de estadías e comunicación:

Non procede o establecemento dun réxime de visitas para o proxenitor, debido a que este se desentendeu por completo da menor e non mantén contacto con esta desde hai máis de 6 anos, e a que se encontra en paradoiro descoñecido.

Sen prexuízo de ulterior modificación de medidas definitivas en que acredite o actual demandado unha variación substancial relevante en beneficio da menor.

Pensión de alimentos:

Pensión de alimentos a favor da menor, procede establecer a cantidade mensual de cen euros (100 euros) en concepto de pensión alimenticia.

A devandita cantidade deberán ser ingresada nos cinco primeiros días de cada mes, na entidade e na conta bancaria que designe a nai, e actualizaranse anualmente, a teor das variacións porcentuais experimentadas polo IPC anual elaborado polo INE ou índice que o substitúa, sen necesidade de requirimento nin notificación ningunha ao pagador da pensión.

Gastos extraordinarios:

Os gastos extraordinarios dos fillos que sexan necesarios serán sufragados, logo de xustificación do proxenitor que fai o pagamento por ambos os dous proxenitores por partes iguais, e en caso de desavinza decidirá a autoridade xudicial.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Coruña (artigos 458 ss. e 776 Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza