Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32530

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (804/2016).

Eu, Carlota Fernández Ambrós, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico que se ditou sentenza no xuízo verbal 804/2016-L, no cal é demandante Generali España, S.A. e demandados Bernardo Humberto Torrón Castro e a comunidade hereditaria de Humberto Torrón Fernández e María Manuela Castro Vázquez.

Da dita sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado.

A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte días contados a partir desta publicación.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Bernardo Humberto Torrón Castro e a comunidade hereditaria de Humberto Torrón Fernández y María Manuela Castro Vázquez, e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza