Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32528

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (689/2017).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 689/2017 seguido por instancia de Servizo Público de Emprego Estatal contra Amílcar Isaías Rodríguez Díaz, Técnicas y Promociones Santa Uxía, S.L. sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos: desestimando o recurso de suplicación articulado polo Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE) contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Ourense, de data do 4 de novembro de 2016, en autos número 461/2016, sobre prestacións por desemprego, instados por Amílcar Isaías Rodríguez Díaz fronte ao SPEE e a empresa Técnicas y Promociones Santa Uxía, S.L. confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Técnicas y Promociones Santa Uxía, S.L. con último domicilio coñecido en avenida de Zamora, 32, local 11 de Ourense e actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza