Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32531

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (739/2016).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, mediante este edicto anuncio que neste procedemento de xuízo verbal 739/2016, seguido por instancia da Comunidade de Propietarios r/ Sáenz Díez, nº 6 e Subcomunidade de Calefacción da r/ Sáenz Díez, nº 6-8 contra Mariela Carolina Coronel González e Pablo Marnotes Raña, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, estes autos de xuízo verbal seguidos perante este xulgado baixo o número 739 do ano 2016, por instancia da procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Sáenz Díez, 6, Subcomunidade Calefacción Sáenz Díez, 6-8, e como demandados Pablo Marnotes Raña e Mariela Carolina González, en situación procesual de rebeldía, dos cales constan nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Resolvo estimar a demanda interposta pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Sáenz Díez, 6, Subcomunidade Calefacción Sáenz Díez, 6-8, e como demandados Pablo Marnotes Raña e Mariela Carolina González, en situación procesual de rebeldía, e condénoos a 1.729,51 euros máis os xuros segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e custas.

Advirto ás partes de que contra esta sentenza non cabe interpor recurso ningún».

Ao se encontraren os ditos demandados, Mariela Carolina Coronel González e Pablo Marnotes Raña, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Ourense, 20 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza