Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 4 de xullo de 2017 Páx. 32532

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (845/2015).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, fago saber que no presente procedemento ordinario número 845/2015, seguido por instancia de Puerto Deportivo de Baiona, S.A. fronte a José María Hidalgo González, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 10 de febreiro de 2017.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 845/2015, promovidos por Puerto Deportivo de Bayona, S.A., representado polo procurador Sr. Prieto Esturillo e asistido do letrado Sr. Prieto Esturillo, contra José María Hidalgo González, en situación procesual de rebeldía.

Resolución estimando totalmente a demanda promovida pola representación de Puerto Deportivo de Baiona, S.A. contra José María Hidalgo González, debo condenar e condeno o demandado a aboar a cantidade de 9.846,07 euros, máis os xuros legais desde a interposición da demanda, e ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia».

E ao estar o dito demandado, José María Hidalgo González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Fáiselle saber ao demandado que contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpor neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de constitución do depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano, de conformidade coa disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Vigo, 31 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza