Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2017193AL-PO, por infracción en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 2 de maio de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2017193AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Rodricalcabada, S.L., con CIF B27791219, como titular do establecemento Supermercado Día.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte ao artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Rodricalcabada, S.L., con CIF B27791219, como titular do establecemento Supermercado Día, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 6 de xuño de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2017193AL-PO.

Denunciada: Rodricalcabada, S.L., con CIF B 27 791 219, como titular do establecemento Supermercado Día.

Último enderezo coñecido: rúa Brasil, núm. 13-15, de Vigo, Pontevedra.

Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 18 do Regulamento 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria: en todas as etapas da produción, transformación e distribución deberá asegurarse a rastrexabilidade dos alimentos (…).

– Artigo 3.g) do Regulamento de execución (UE) núm. 931/2011, do 19 de setembro: os explotadores de empresas alimentarias aseguraranse de que a seguinte información sobre as remesas de alimentos de orixe animal se poñan á disposición do operador de empresa alimentaria á que se fornecen os alimentos e á autoridade competente se esta o solicita: g) unha referencia que identifique o lote ou remesa, segundo corresponda.

– Artigo 5 do Regulamento 852/2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

1. Os operadores de empresa alimentaria deberán crear, aplicar e manter un procedemento ou procedementos permanentes baseados nos principios do APPCC.

2. Os principios APPCC son: [...] g) elaborar documentos e rexistros en función da natureza e tamaño da empresa alimentaria para demostrar a aplicación efectiva das medidas recollidas nas letras a) a f).

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).