Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a interesada para que acredite a representación no recurso de alzada RAI-IGC-83/15.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Imaginación y Sinergia en la Red, S.L. co último domicilio coñecido na avenida Pablo Neruda, núm. 30, local 2, en Zaragoza, para que acredite a representación no recurso de alzada RAI-IGC-83/15, interposto contra a Resolución do 6 de febreiro de 2014 do Instituto Galego de Consumo, ditada no expediente 27082/2013.

De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio ao seguinte enderezo:

Servizo Técnico-Xurídico, Secretaría Xeral Técnica, Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela.

Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria